Ith presenta "O mínimo que conten todo" – A Movida

maio, 2018

18mai22:00Ith presenta "O mínimo que conten todo"CONCERTO | 5,00€22:00 Sala Doppler

Máis

Detalles do evento

Despois de preto de tres anos percorrendo a xeografía galega co seu disco autoproducido “Forte”, chega o momento de presentar o recente álbum de Ith. Este traballo discográfico, que leva por título “O mínimo que o contén todo”, lévao tamén ás mellores e máis coñecidas salas e escenarios de toda Galicia ao longo dos vindeiros meses.

“O mínimo que o contén todo” é un disco gravado, producido e mesturado en Abrigueiro Estudios (Friol – Lugo) por Arturo Vaquero. Contén seis temas de composición propia, así como un poema musicado polo grupo do poeta samanense Fiz Vergara Vilariño. Continúan mantendo neste álbum o espírito de facer rock galego e en galego, aínda que con novas ideas e sons que a banda -Lucía, Miguel, Toxo, Gonzalo e Folgueira- quixo deixar plasmados nel. A temática das cancións vai dende a sempre presente reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

X