
Este é un evento repetitivo17 febreiro, 2024 20:00
16feb20:00Isto Ferve: Canchal X. TerrorismoESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle
Detalles do eventos
Venres, sábado e domingo ás 20:00 Este Canchal X será un encontro de Ensalle con Terrorismo de autor no proceso de creación
Detalles do eventos
Venres, sábado e domingo ás 20:00
Este Canchal X será un encontro de Ensalle con Terrorismo de autor no proceso de creación de “Sobre”, a próxima estrea de Ensalle.
Nalgunhas zonas do interior de España, principalmente Estremadura e A Mancha, os pastores atópanse ocasionalmente para compartir e acompañarse. Son breves encontros, pero, ou así o vexo eu, continúan á beira dos protagonistas moitos pasos despois. No longo camiño que queda terán tempo de volver ao falado, de andar con iso. Hai unha paisaxe en concreto que afai ser idóneo para este tipo de encontros: as saias das montañas. Alí os camiñantes atopan grandes cantidades de rocas debido aos derrubios. O vento e a choiva encárganse de erosionar e dar forma á pedra, aplanar e alisar en forma de “tarteira”, para dar asento (e impulso) ao viaxeiro perdido. Estas tarteiras tamén son coñecidas como canchales.
Un Canchal é unha reunión enfocada á creación entre os integrantes do equipo artístico de Ensalle e artistas invitados. O traballo de creación organízase nunha ou dúas semanas intensas nas que se comparten linguaxes creativas e experiencias escénicas distintas, para finalmente mostrar o resultado dunha creación viva e en proceso durante tres días que non teñen que ser iguais.
Trátase de intervencións puntuais encadradas no proceso de creación dos traballos escénicos de Ensalle, e cumpren a función de “bater” a linguaxe que a compañía viguesa leva dando forma desde hai máis de 20 anos. Este intercambio nutre tanto a Ensalle, como aos creadores invitados, que en ocasións atopan nos Canchales o “detonante” dos seus seguintes traballos.
Máis
Hora
16 febreiro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
- Mes actual