REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Isto Ferve: Cadena de montaje

30mar20:00Isto Ferve: Cadena de montajeESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O espectáculo é a confluencia de tres acciones:
O texto de Suzanne Lebeau dito por dúas actrices como un mantra, como unha toma de postura. Falar do que ninguén quere falar. Dicilo ben clarito.
A cerimonia de loita das mulleres, a iconografía da súa loita silenciosa que enche o espazo aos poucos, ata que sentan as ausencias de cada muller asasinada.
A coda final: a bailarina de negro que baila no espazo que queda, para lembrar, en memoria, bailar para proxectar o futuro desde a memoria.

O espectáculo é un proxecto de reflexión e denuncia dos asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez (México), tomando estes eventos como punta de lanza de algo que pasa en todo o planeta coas mulleres na sociedade patriarcal en que vivimos. No texto de Suzanne Lebeau queda claro que esta violencia está incrustada na nosa forma de vivir, que forma parte da nosa vida cotiá, nos nosos hábitos e que deambula libre polas reviravoltas da nosa sociedade e que está intimamente ligada a explotación laboral salvaxe que exerce este sistema económico antes chamado capitalista, como unha forma de dominación social.

Cambaleo Teatro

Luns 29 ás 20:00
Martes 20 ás 20:00
Mércores 31 ás 20:00

Máis