Irmandiñas, presenza das mulleres no movemento galeguista
Detalles do eventos
Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non
Detalles do eventos
Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros; mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades, quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorial galego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e republicano, na defensa da lingua, na escrita…
A través dunha pescuda perseverante en hemerotecas, arquivos, fundacións, a través de fontes orais, Aurora Marco, investigadora e autora do ensaio Irmandiñas (Laiovento, 2020) confirmou documentalmente que na acción social, cultural e política, tamén estaban elas…
Máis

Hora
(Mércores) 19:00
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes