Introdución ao método Montessori – A Movida

outubro, 2018

27out10:00Introdución ao método MontessoriOBRADOIRO | De balde10:00 El escondite

Máis

Detalles do evento

O 27 de outubro terá lugar “Introdución ao método Montessori con actividades para nenas e nenos de 0 a 2 anos”, unha proposta para que as familias coñezan e vivan o método Montessori de primeira man a través de actividades guiadas e materiais específicos.

Se porá en marcha as recomendacións amosadas en Como liberar o potencial do voso nenoActividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos, a obra de Daniela Valente publicada en galego por Catro Ventos Editora.

A actividade estará dirixida por Andrea Soto, psicóloga que leva máis de 10 anos traballando de educadora e titulada como Asistente e Guía Montessori de AMI (Asociación Montessori Internacial), e ten unha duración de dúas horas, comezando a primeira quenda ás 10:00 da mañá e a segunda ás 12:00.

Será en El escondite, o espazo de ocio infantil ubicado en García Barbón, número 23 (con entrada pola rúa Roupeiro).

Este obradoiro é gratuíto pero ten un aforo limitado, polo que para anotarse é preciso enviar un correo a: maria@catroventos.gal antes do 26 de outubro, cos datos da meniña ou meniño (nome, apelidos e idade) e un teléfono ou e-mail de contacto.

Hora

(Sádado) 10:00

Lugar

El escondite

Rúa do Roupeiro, 36201 Vigo, Pontevedra

X