Introducción ao pulido francés
Detalles do eventos
Galicia súmase aos Días Europeos da Artesanía, que se celebran do 2 ao 7 de abril , a través de actividades de divulgación dos oficios
Detalles do eventos
Galicia súmase aos Días Europeos da Artesanía, que se celebran do 2 ao 7 de abril , a través de actividades de divulgación dos oficios artesanais impulsados por máis de 60 talleres e outras entidades asociativas e centros de divulgación. A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, coordina o programa na comunidade e colabora con diferentes actividades nas catro provincias, entre as que se inclúen demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres e xornadas de portas abertas.
Na cidade de Vigo haberá catro iniciativas de divulgación da artesanía. Os días 6 e 7 de abril organízanse talleres participativos no Museo do Mar de Galicia a cargo dos talleres artesanais Como pez en el agua, Peixesapop, Carlos San Claudio e Medialúa ademáis doutras actividades impartidas na EMAO ou no Casco Vello da cidade esta semana.
Programa de actividades completo
Martes 2 de abril: xornada de portas abertas na EMAO
En horario de 12.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h todos os talleres da EMAO terán as súas portas abertas e o visitante poderá achegarse ás actividades de: Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaitas e Zanfonas), Talla e Escultura en Madeira, Pintura, Debuxo Artístico, Deseño e Encaixe de Palillos, Ourivaría, Moda e Confección, Artesanía en Coiro e Serigrafía Artística.
Ademáis terán as seguintes actividades complementarias na Emao:
Martes 2 de abril:
- Artesanía en coiro: ‘Festa do cosido’. De 16.30h a 20.30h (Biblioteca) onde os participantes realizarán diferentes pezas con cada tipo de costura, en tireta de coiro ou fío.
- Ourivaría: ‘Constrúo a miña xoia’. De 16.30h a 20.30h. Actividade dirixida a nenos e nenas, onde poderán facer a súa xoia , pintala e convertela nun colgante, pendentes, etc.
Mércores 3 de abril:
- Moda e confección / Serigrafía artística: ‘Estampa a túa bolsa’. De 17.00h a 20.00h
- Debuxo artístico / Pintura: ‘A plein air’. De 16.00h a 20.00h. Invitación para debuxar ou pintar polos arredores da EMAO.
Venres 5 de abril: Roteiro de Artesanía no Casco Vello Alto de Vigo
Xornada de portas abertas dos obradoiros do Casco Vello Alto de Vigo e as súas inmediacións de 17:00 h a 19:00 h. Participan:
1-NAI DISEÑOS – Macramé Contemporáneo (Avda. Camelias, 15)
2-MARIO LÓPEZ – Xoiería & Cerámica Artística (Rúa Pracer, 13)
3-LAS FLORES DE GRETA – Ecoprint (Rúa Abeleira Menéndez, 11)
4-BLAURTOPÍAS – Ilustración, Serigrafía & Cerámica (Rúa Cruz Verde, 12)
5-RABUDA – Cerámica Artística (Rúa Cruz Verde, 5)
Consulta aquí o mapa co roteiro completo.
Sábado 6 e domingo 7 de abril no Museo do Mar
1-Obradoiro de cerámica con torno con Carlos San Claudio ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde os dous días.
2-Obradoiro de marmoleado con Peixesapop ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde os dous días.
3-Obradoiro de pintura sobre madeira con Como pez en el agua ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde.
4-Obradoiro de coiro con Medialúa ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde.
Domingo 7 de abril: Introducción ao pulido francés de 11:00 h a 14:00 h con Marcos Domato no seu taller.
Aprenderás os fundamentos desta técnica de vernizado a gomalaca que se orixinou en Francia e é típico de guitarras clásicas artesás de gama alta, tamén se segue utilizando en ebanistería para restauración de mobles e para fabricación de mobles de alta calidade.
Todos os talleres son abertos e gratuítos, non se necesita inscrición previa.
Máis
Hora
7 abril, 2024 11:00(GMT+01:00)
Localización
Marcos Domato Luthier
Av. Alcalde Gregorio Espino, 58, Sárdoma, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes