09abr17:3018:40Teatro inmersivo 'Misterio no Pazo'PEQUERRECHOS | De balde17:30 - 18:40(GMT+02:00)
Detalles do eventos
A Universidade de Vigo organiza o vindeiro 9 de abril unha nova función de Misterio no Pazo, unha proposta de teatro inmersivo que terá lugar no Museo Quiñones
Detalles do eventos
A Universidade de Vigo organiza o vindeiro 9 de abril unha nova función de Misterio no Pazo, unha proposta de teatro inmersivo que terá lugar no Museo Quiñones de León, en Castrelos. A actividade, inicialmente dirixida a centros educativos, ábrese nesta ocasión ao público xeral e está especialmente dirixida para público familiar, a partir de 8 anos.
A representación contará con dous pases consecutivos o 9 de abril, ás 17:30 e ás 18:30 horas, cun máximo de 50 persoas por sesión. A asistencia será de balde, con reserva previa a través da plataforma Museos Educa.
A obra está inspirada en Un cadáver na biblioteca, da escritora Agatha Christie, e combina teatro e divulgación científica. O formato propón unha experiencia participativa na que o público debe resolver un misterio mediante probas e experimentos. As persoas asistentes asumirán un papel activo na investigación do caso, guiadas por personaxes da trama, entre eles a coñecida Miss Marple.
A iniciativa forma parte do programa “Ciencia de Ida e Volta”, centrado na divulgación científica a través de formatos innovadores e dirixido a diferentes públicos.
Hora
9 abril, 2026 17:30 - 18:40(GMT+02:00)


