CAMELIAS NADAL

18nov(nov 18)11:0026mar(mar 26)21:00O MARCO presenta a maior mostra en España do fotógrafo peruano Roberto HuarcayaARTE E MUSEOS | De balde(novembro 18) 11:00 - (marzo 26) 21:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Datas:  18 novembro 2025 – 29 marzo 2026

Lugar:  Salas frontais (1º andar) e panóptico (planta baixa)

Horario:  martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30

Produción:  MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisariado:  Miguel Fernández-Cid

Considerado un artista esencial na exploración de técnicas fotográficas experimentais e na representación da relación entre o ser humano e a natureza, Roberto Huarcaya (Lima, 1959) desenvolveu unha práctica artística centrada no uso de fotogramas de gran formato, realizados sen cámara, que capturan a esencia de diversas paisaxes e personaxes peruanos mediante o contacto directo de elementos naturais co papel fotosensible. Esta aproximación permitiulle crear series emblemáticas como AmazogramasAndegramas e Océanos, que foron expostas en importantes institucións e festivais internacionais, incluíndo a Bienal de Venecia, Paris Photo e Les Rencontres d’Arles.

Huarcaya apropia o fotograma –técnica fotográfica anterior á invención da cámara– para producir obras de escala monumental. Estes rexistros, obtidos mediante procesos como o cianotipo ou o marrón Van Dyke, son o resultado de longas expedicións por distintos territorios do Perú. O artista desprega grandes rolos de papel fotosensible cos que recolle as pegadas físicas de elementos naturais e culturais: follas, pólas, raíces, pedras, obxectos rituais, máscaras, traxes, instrumentos musicais ou os corpos das persoas retratadas.

Horarios apertura
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30

Programación para escolares
Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 8 xaneiro 2026
Horario: de martes a venres de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / Correo-e: comunicacion@marcovigo.com

Programación para asociacións, colectivos e grupos con necesidades específicas
Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 25 novembro 2025
Horario: flexible en función de necesidades e dispoñibilidade
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / Correo-e: comunicacion@marcovigo.com

Talleres infantís
Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 29 novembro 2025
Horario: sábados de 11.00 a 12.30 (de 3 a 6 anos) e de 12.30 a 14.00 (de 7 a 12 anos)
Previa inscrición: tel. 986 113900 Ext. 200 / Correo-e: recepcion@marcovigo.com

Información e visitas guiadas
O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita.

Hora

18 novembro, 2025 11:00 - 26 marzo, 2026 21:00(GMT+01:00)