Detalles do eventos
Cita dedicada ao cine documental e ao mar que regresa cunha nova edición centrada en historias de aventura, natureza e océanos procedentes de distintos puntos do mundo. Durante
Detalles do eventos
Cita dedicada ao cine documental e ao mar que regresa cunha nova edición centrada en historias de aventura, natureza e océanos procedentes de distintos puntos do mundo. Durante a sesión proxectaranse cinco documentais en versión orixinal con subtítulos en castelán e interpretación en lingua de signos, con relatos sobre surf, exploración, medio ambiente e vida mariña. Ademais, o evento contará coa presenza de Dayana Del Puerto Eiras, cofundadora de Noia Limpia, como convidada especial.
Entre os documentais desta edición destacan:
- Christa Funk: First In, Last Out: segue a historia dunha fotógrafa que se abriu camiño no mundo do surf profesional e das grandes ondas.
- The Last Dive: relata a transformación dun mergullador nun activista comprometido coa defensa dos océanos e dos animais.
- A Different Beast: tres irmáns afrontan unha travesía extrema atravesando o Pacífico a remo sen asistencia externa.
- Up The Coast!: un percorrido pola costa surafricana na procura das mellores condicións para o kitesurf.
- Home Is The Ocean: a historia dunha familia que leva décadas vivindo e explorando o mundo a bordo dun barco.
Hora
21 xuño, 2026 18:00(GMT+02:00)
Localización
Multicines Yelmo
Centro Comercial Travesía, Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


