17out20:00InnombrableESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Venres, sábado e domingo ás 20:00 h

Como lle chamamos a ese momento no que as miradas se cruzan?
Que sucede cando as persoas se atopan?
Coñecémonos?

Innombrable é unha peza escénica que aborda o fenómeno de cruzar discursos, de buscar e atoparse cos seres queridos, da patria e da falta desta. É unha peza na que o énfase radica no mero feito de compartir, de cruzar as miradas e darlle paso ao corpo.

Cada vez que pensaba nos meus amigos de Ensalle, inundábame a saudade, unha estraña sensación moi parecida á nostalxia e á melancolía, porque sabía que pasarían un ou dous anos ata volver encontrarnos.
Ben, iso cambiou neste 2025, xa que puidemos vernos durante o mes de agosto en México e volveremos atoparnos na súa casa en Vigo, España; a saudade deu paso á alegría…
Como unha volta á conquista, agora dous mexicanos chegan ás costas españolas para falar diso que xa non se di, ou daquilo que nunca debería ter sido pronunciado, ou simplemente diso que non ten sentido…

Unha luz acéndese sobre o escenario.
Cinco corpos aparecen sorrindo.
O baile convértese en frenesí.
O amor é persoal.
Un billete de avión cae ao chan e a función remata.

Intermitencia Teatro cruza o charco, o cerco huachichil ábrese e todo o que soñamos comeza a facerse realidade.

Entradas

Hora

17 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)