decembro, 2019

27dec22:00Inés CarreñoCONCERTOS | 8,00€22:00 La Casa de Arriba

Máis

Detalles do evento

Inés Carreño é unha artista española dun pobo costeiro de Galicia, Portosín. Ten un percorrido de máis de vinte anos ás súas costas nos escenarios, deixando a pegada inesquecible da  súa personalidade, creatividade e voz inconfundible. Xenio e figura, capaz de improvisar cada concerto, facéndoo único co seu dominio escénico.  Durante a súa infancia entra en contacto coa música tradicional e floclore de Galicia, participando  de cheo nunha agrupación cultural, onde aprende baile tradicional e a tocar: pandeireta, gaita e  tambor. Atopa o seu espertar como cantante escoitando á súa avoa materna, andaluza de Medina Sidonia, que lle cantaba tanguillos de Cádiz e habaneiras. O seu gran interese pola arte, fai que  empezo a estudar música e pintura, outro dos seus talentos, escriba as súas primeiras letras e  composicións, gravando as melodías e ideas nos antigos cassettes. Pronto o seu gran carisma e  especial timbre sonoro lévana a traballar como cantante profesional aos 19 anos en diferentes  agrupacións: orquestras, cuartetos ou dúos, que fan crecer aínda máis o seu talento, compaxinando a súa  carreira profesional coa súa maternidade.  Na actualidade é profesora de música e canto en “ Musikartis Escola de Música”, onde segue  formándose, estudando: harmonía, piano e trompeta. Ten varios proxectos como “Inés Carreño Jazz Standards” ou “Non Stress” e é cantante freelance.

Este ano lanza ao mercado o seu primeiro traballo discográfico, “Pranto, Risa e Calma”. A canción que dá título ao disco é unha composición propia, que está inspirada na súa vida e na a incrible  experiencia de ser nai. Unha canción que ten tinguiduras sonoras do blues e música do sur de España.

Acompáñaa de temas clásicos, unha selección coidadosa dalgunhas das cancións que lle inspiraron ao longo da súa vida. A formación elixida para gravar estas selectas melodías foi: Iago Mouriño ao piano, Pablo Pérez ao contrabaixo, Sergio González á batería, algunha pincelada do saxofón alto de Pablo Castaño e o seu doce, aterciopelada e contundente voz, co que consegue un son acústico e íntimo que lle sae da alma.

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

La Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

X