Inercia – A Movida

abril, 2018

20abr21:00InerciaINAUGURACIÓN EXPOSICIÓN | De balde21:00 O Almacen Cultural

Máis

Detalles do evento

As 21.00h no Almacén Cultural inauguran a exposición ‘Inercia’ da artista Paula Varela

Paula Varela (Vigo, 1988). Licénciase en Historia da Arte pola Univerdidade de Santiago de Compostela, iniciando , así, o adestramento da súa mirada. Vincula a súa carreira co campo do turismo e a fotografía comezando un diálogo íntimo coa cámara.

Apaixoada das artes en todas as súas manifestacións, atopa na fotografía a súa principal canle de expresión. Procura novas visións e unha mellora da súa técnica , o que lle leva a realizar numerosos cursos impartidos por artistas e fotógrafxs como: Álvaro Sanz, Helena Ayape, José Romay ou Rosa Neutro.

Gañadora en 2016 do III Concurso de Fotolectura do Concello de Cangas, presenta, na mesma vila, a súa primeira exposición individual titulada: “Nos meus ollos”, ao tempo que colabora en diferentes eventos.

Actualmente, desenvolve o máster “Valoración, protección e xestión do Patrimonio Cultural” na Universidade de Vigo, combinándoo coa creación de futuros proxectos fotográficos.

Sobre a exposición…

INERCIA: “ Propiedades que teñen todos os corpos de persistir no estado de REPOUSO ou MOVEMENTO en que se atopan, a menos que actúe sobre eles unha forza externa.”

As instantáneas son unha descripción gráfica desta definición, pero hai algo máis aló. “INERCIA” é unha reflexión sobre a sociedade actual. Évocanos preguntas como : “imos na dirección correcta?”, “Perdemos o rumbo?”, “Isto é o que queremos para nós?…” Está formada por imaxes poéticas dun universo silencioso conciliado coa figura humana, as plantas, a cidade, as luces e as sombras…Escenas que convidan a entrar no mundo dos pensamentos.

Directamente influenciada pola célebre novela de Hermann Hesse: “O lobo estepario”, onde se critica unha sociedade de masas chea de superficialidade e inxustiza, “INERCIA” amósanos como a súa verdadeira protagonista, fóra de ser home/muller ou a natureza, é a propia Soidade. A Soidade da meditación.

“INERCIA” é unha clara invitación ao mundo interior de cada un para atopar a verdadeira natureza do ser.

Para a ocasión Rhythm & Beer de Demoler Producións e DJ Nightmare serán os encargados da selección musical
ENTRADA LIBRE

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

O Almacen Cultural

Av. de Ramón Nieto, 58, 36205 Vigo, Pontevedra

X