04set20:30INDUCTION + UNCHOSEN ONES + ELEVENCONCERTOS | Desde 18,00 €20:30(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
A Sala Rebullón acolle este venres 4 de setembro unha noite de power metal encabezada polos alemáns Induction, acompañados polas bandas galegas Unchosen Ones e Eleven.
Detalles do eventos
A Sala Rebullón acolle este venres 4 de setembro unha noite de power metal encabezada polos alemáns Induction, acompañados polas bandas galegas Unchosen Ones e Eleven.
A nova xeración do power metal europeo fará parada esta semana na contorna de Vigo. Induction inicia na Sala Rebullón unha pequena xira estatal coa que presenta en directo Love Kills!, o seu novo traballo, antes de continuar por Valladolid e Madrid.
A banda alemá aposta por un son no que se mesturan velocidade, melodías épicas, grandes retrousos e guitarras contundentes, actualizando os códigos máis clásicos do power metal cunha produción contemporánea.
Na parada galega estarán acompañados por Unchosen Ones e Eleven, completando un cartel de tres bandas e convertendo o concerto nunha cita especialmente pensada para seguidores do metal melódico e do heavy metal da zona.
Hora
4 setembro, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
setembro




