16ago22:00India MartínezCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
O concerto da artista cordobesa India Martínez, o sábado 16 de agosto, pecha esta edición do ciclo Vigo en Festas. Para asistir ao mesmo, o venres 8 de
Detalles do eventos
O concerto da artista cordobesa India Martínez, o sábado 16 de agosto, pecha esta edición do ciclo Vigo en Festas. Para asistir ao mesmo, o venres 8 de agosto sairán á venda as 5.000 entradas dispoñibles, a un prezo de 10,00 €. O sistema de compra será o mesmo que o ano pasado: haberá opción presencial en Castrelos e tamén en liña, tanto en horario de mañá como de tarde (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas). Cada persoa pode mercar un máximo de catro entradas. É preciso levar o DNI, tanto propio como unha copia do documento das outras persoas que van acudir, xa que as entradas son nominais e intransferibles.
India caracterízase polo seu estilo musical que fusiona xéneros como o flamenco, a música latina, o pop e a música árabe, o que a fixo moi recoñecida tanto en España como noutros países de fala hispana. A súa carreira comezou a principios da década de 2000, pero alcanzou unha maior popularidade co lanzamento do seu álbum Íntima en 2010, que incluíu algúns dos seus grandes éxitos. Desde entón, India Martínez lanzou varios álbums que foron moi ben recibidos pola crítica e o público, e recibiu numerosos premios polo seu talento e contribución á música.
Ao longo da súa carreira, colaborou con artistas de renome e foi parte de importantes festivais de música. Este 2025 recala en Vigo dentro da súa xira Nuestro Mundo Tour.
CALENDARIO DE CONCERTOS
- 12/7 Ana Belén | 10 €
- 16/7 Infantil: ¿De qué color es un beso? | De balde
- 17/7 Gente de Zona | 10 €
- 18/7 Trueno | 12 €
- 21/7 The Black Keys | 15 €
- 24/7 Rozalén | 10 €
- 26/7 Coral Casablanca | De balde
- 31/7 Vanesa Martín | 10 €
- 1/8 Ópera La Traviata | De balde
- 3/8 Jason Derulo | 15 €
- 9/8 Ópera Turandot | De balde
- 12/8 Infantil: La Bella y la Bestia | De balde
- 15/8 UB40 ft. Ali Campbell | 12 €
- 16/8 India Martínez | 10 €
Hora
16 agosto, 2025 22:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
decembro



