
Este é un evento repetitivo7 xuño, 2025 20:00
Detalles do eventos
Venres 6, sábado 7 e domingo8 ás 20:00 h Inconfesables actos de fascismo ordinario é unha proposta de anticonferencia na que o dramaturgo e performer
Detalles do eventos
Venres 6, sábado 7 e domingo8 ás 20:00 h
Inconfesables actos de fascismo ordinario é unha proposta de anticonferencia na que o dramaturgo e performer Julio Fernández Peláez móstranos unha serie non acabada de accións atravesadas pola idea dun fascismo que pasou de ser latente a ser argumento firme da realidade (que como realidade represéntase a si mesma).
Accións antipoéticas, anticómicas, antitrágicas, antiegocéntricas, antidiscursivas e decididamente ridículas que se deixan arrastrar polo espírito da ironía e a crítica radical cara a todo aquilo que pasa a ser vítima da nosa mirada e onde os monicreques sen cabeza que gobernan o real-imaxinario son personaxes protagonistas.
“Aquilo que parece casualidade, non o é. Xa non hai chumbo nas tubaxes que rebaixe o noso coeficiente intelectual pero a acción dos metadatos sobre as nosas mentes tamén xera estupidez. É crer no fascismo pensar que as ordes inxustas son necesarias porque doutra forma non poderiamos vivir. É fascismo encher o ceo de satélites e non permitir mirar as estrelas. É fascismo o esquecemento dos xenocidios recentes. É fascismo o abandono dos anciáns e emitir programas na tele en horas nos que a xente toma café nos bares. Son fascistas os tertulianos que aman aos desokupas e odian aos viaxeiros negros polo Mediterráneo. É fascista a miña veciña, que non para de dicir o ben que nos iría coa liberdade dos ignorantes. Son fascistas os cazadores, tamén os que cazan por deporte en cotos privados de caza e cotos de todo tipo, e os matadores de touros e os inimigos dos ríos e da fauna salvaxe. É fascista o ecoloxista co subconsciente antropogénico. É fascista o pai autoritario, o fillo insolente ou a tía méteteentusasuntos. Son fascistas os alcaldes que promoven a destrución do patrimonio á vez que dan medallas en eventos deportivos para captar votos. En realidade, son fascistas todos e cada un dos gobernantes que antes que pola paz apostan polo suicidio colectivo. Son fascistas os antisemitas, os xudeus ortodoxos, as monxas de convento e Deus bendito, o mesmo que no seu nome permite que se asasine tanto e tanto. Parece casualidade pero non o é. O fascismo é un fodido cálculo matemático, unha solución rápida ao problema do caos climático e a outras moitas outras cuestións de convivencia cotiá ou de orde pública. O fascismo anula a importancia do tempo e a brevidade histórica dos acontecementos. O fascismo dá morte á memoria para lanzarnos a un futuro espectral. O fascismo está en todas partes e non podemos evitalo. Está, sobre todo, na carne que vén dos matadoiros. E cómescho. Vaia que se o comes”.
Máis
Hora
6 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual