
Inauguración da exposición `Vigo es nombre de mujer' en Évame Oroza
Detalles do eventos
A mostra é unha iniciativa da asociación Pvlse e inaugúrase este sábado 16 de setembro ás 12:00 do mediodía. A exposición pode visitarse de luns a venres ata
Detalles do eventos
A mostra é unha iniciativa da asociación Pvlse e inaugúrase este sábado 16 de setembro ás 12:00 do mediodía. A exposición pode visitarse de luns a venres ata o 24 de outubro, en horario de 16:00 horas a 20:00 horas.
A asociación Pvlse, que presta apoio ao colectivo LGTBIQ+, trae a Évame Oroza a exposición `Vigo es nombre de mujer ́, composta por diversas fotografías (cedidas ao Arquivo de Pvlse por Carolina Smith) dos anos 70, 80, 90, que recollen a memoria transexual da cidade de Vigo.
Tal e como sinala Pvlse, “é a nosa homenaxe ás persoas trans que abriron o camiño a unha sociedade máis diversa, soportaron humillacións, transfobia case todos os días e mesmo ata hai pouco diagnosticábanas como enfermas”.
A inauguración da mostra será o sábado 16 de setembro ás 12 do mediodía no local da asociación, situado no número 5 da rúa subida á Costa, no Casco Vello Alto de Vigo. Durante a inauguración falarán Fran Fernández, en representación de Pvlse, e contará coa colaboración de Carolina Smith, unha das protagonistas desta loita pola igualdade, que guiará ao público a través das imaxes compartindo as historias das pioneiras deste movemento.
Máis

Hora
(Sábado) 12:00
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra