REVISTA FEBREIRO

Inauguración 'The Cows'

05dec19:30Inauguración 'The Cows'ARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+01:00) Galería Sargadelos

Detalles do eventos

Presentación de The Cows, a obra de Pep Paramos, Guillarei-Tui 1967, é un claro defensor da fotografía analóxica, sen pecharse ao mundo por iso, home culto, xeneroso e traballador incansable no Atelier de fotografía, da Coruña, que rexenta xunto con Macarena Garay, un lugar no que se traballa a fotografía desde a base, complementando formación en laboratorio con talleres e exposicións coidadas cun mimo especial.

En 1990 abandona os seus estudos de Filosofía para dedicarse ao que el mesmo describe como unha vida errática, abundante en vivencias, clasismo obrerista, desacato aos poderes e cunha clara vocación formativa autodidacta.

En 2005 abandona a expresión literaria e retoma a fotografía esta vez como algo máis que unha mera afección, iniciándose na fotografía dixital, aínda que pronto recupera a técnica fotoquímica que caracteriza a súa produción creativa ata o momento.

En 2011 regresa a Galicia, despois de estar varios anos en Mallorca, e establécese na Coruña, decidindo dedicarse profesionalmente á actividade fotográfica.

En 2015 titúlase como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, e en 2018 abre, xunto a Macarena Garay Salazar, o Atelier de Fotografía, que pasa de estudo fotográfico a sala expositiva centrada na fotografía de autor, cunha actividade frenética.

É autor de tres traballos, que non tiveron case divulgación ata a data, por decisión do propio autor, entre os que se atopa The Cows, pero que nesta ocasión, decidiu iniciar esa apertura ao público na Sala de Fotografía Sargadelos da man de Fvck, así que é unha oportunidade única para todos nosotrxs.

Traballou con varios autores como curador, e desa faceta, cabe destacar a exposición de Cris Bamio, Fitogenia, en 2022, así como Insua, de Oriol Miñarro en 2019.

Participou moi signiticadamente en diversas polémicas político-culturais como individuo libérrimo que non ten medo a quedar sen comer.

Na actualidade, Pep Paramos espera a morte como calquera outro, mentres segue dedicado á divulgación da Fotogrfía como forma de expresión persoal.

The Cows

En palabras do autor, Cows, a oferta dunha editorial de San Francisco, para a publicación dun libro sobre o sector lácteo galego durante a crise do ano 2015 é unha ficción na que The Cows pretende esperpentizar á sociedade autolítica galega.

A maior parte das granxas leiteiras familiares galegas, pecharon ou se reconverteron en explotacións cárnicas desde entón.

Unha desas tardes que estaba co rabaño, sacando fotor, unha bolboreta pasou preto. Pousouse e fuxiu de súpeto diante dos meus ollos, facéndome revivir a impaciencia de perseguila e atrapala que sentise de pequeno o día que descubrín que o mono humano persegue as cousas máis fermosas ata atrapalas e pechar o seu puño sobre elas, esmagándoas e converténdoas nun amasillo agónico que xa non é nada cando cae da man. Salvo fragmentos insignificantes.

Máis

Hora

5 decembro, 2023 19:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Sargadelos

Rúa de Urzáiz, 17, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events