>

03xul19:30Inauguración 'Soñismo' de Julia BeiserARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Para Julia Beiser, os soños e os pesadelos son unha fonte inesgotable de inspiración: unha última fronteira afastada do ruído dos medios, da publicidade constante e da loita permanente pola nosa atención.

Nesta exposición, a artista comparte algúns dos espazos que o seu inconsciente visita con frecuencia. Lugares domésticos e recoñecibles que se moven entre o familiar e o inquietante, entre a realidade e o soño. Cada obra abre a porta a múltiples interpretacións, convidando a quen a observa a deixarse levar polas súas propias emocións, lembranzas e intuicións.

Mostra do 3 ao 31 de xullo
Inauguración: 3 de xullo ás 19:30 h

Hora

3 xullo, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events