REVISTA ABRIL

Inauguración 'Re:Inicio'

16set(set 16)18:00Inauguración 'Re:Inicio'ARTE E MUSEOS | De balde18:00(GMT+02:00) F**k this Studio

Detalles do eventos

Volve setembro, e dende Arte.Facto damos comezo á temporada de exposicións!
O dia 16 en Vigo , no lugar do @fuck_this_studio , terá lugar a primeira mostra, Re:inicio.
Nela poderedes descubir as técnicas e procesos únicos que empregan dez distintas artistas para crear os seus universos personais

Nacidos dunha época de hiperproducción tecnolóxica, os novos artistas aprópianse de metodoloxías consideradas por moitos coma obsoletas.

A fotografía analóxica, a artesanía téxtil, as técnicas de grabado e cerámica entre outras, son recuperadas do pasado e reivindicadas por unha xuventude que, fuxindo da rentabilidade e produtividade inmediata, as emprega para contar unha historia propia de cambio, progreso e nostalxia mediante a memoria.

A exposición, titulada Re: inicio trátase dunha mostra na que as artistas coinciden na necesidade de agochar e gardar pedaciños delas mesmas en obxectos físicos, levar todo o barullo mental virtualizado e transformalo en materia, en arte. Disfrutar co obxecto, crealo, conseguir mediante un proceso propio un resultado que pervive… Volver ás orixes artesáns dende unha mirada nova, fugaz e inquieta. Esta mostra recolle diferentes iniciativas que buscan a calma analóxica ante as inquedanzas contemporáneas.  Partindo dunha convocatoria aberta seleccionáronse aquelas obras que, seguindo o espírito da proposta, representanda forma máis completa este movemento. Esta exposición está conformada polas artistas: Nato Brandaríz, Eva Caride, Sofía González, Zeltia Iglesias, Andrea Mosquera, Xela Neira, Sara Piñeiro, Maritza Ramírez, Sara Varela e Aldara Vázquez.  

Venres inauguración de 18:00 a 20:00 h
Horario sábado e domingo:
Mañás de 12:00 a 14:00 h
Tardes de 18:00 a 20:00h

Máis

Hora

16 (Venres) 18:00(GMT+02:00)

Localización

F**k this Studio

Rúa de Urzaiz, 83, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events