
Inauguración "Proxectos 2023"
27nov18:00Inauguración "Proxectos 2023"ARTE E MUSEOS | De balde18:00(GMT+01:00) EMAO
Detalles do eventos
“Proxectos 2023”, representa unha mostra da culminación do proceso formativo do alumnado de distintas especialidades da EMAO, que exhibirá o seu resultado entre os días
Detalles do eventos
“Proxectos 2023”, representa unha mostra da culminación do proceso formativo do alumnado de distintas especialidades da EMAO, que exhibirá o seu resultado entre os días 27 de novembro de 2023 e o 26 de xaneiro de 2024 na sala de exposicións da escola, o “Espazo EMAO”.
En canto á orixe dos proxectos, no Plan de Estudos da EMAO, aprobado polo Concello no ano 2015, implantouse o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que se presenta agora recolle o produto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2022-23; en concreto, das especialidades de Pintura, Talla e escultura en madeira, Debuxo artístico, Serigrafía artística, Artesanía en coiro, Moda e confección e Ourivaría.
As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixos principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome: Proxectos 2023 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2022-23]
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 27 de novembro de 2023 ao 26 de xaneiro de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas
Comisariado: Emma Pintos, mestra de Moda e confección, e Sandra de Jesús, mestra de Ourivaría, coa colaboración do profesorado de Debuxo artístico, Pintura, Talla e escultura en madeira, Serigrafía artística e Artesanía en coiro.
Máis
Hora
27 novembro, 2023 18:00(GMT+01:00)
Localización
EMAO
36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes