
Detalles do eventos
Texto do artista Vicente Blanco: O debuxo é unha das bases da miña investigación artística: desde os primeiros vídeos de animación, colaxes
Detalles do eventos
Texto do artista Vicente Blanco:
O debuxo é unha das bases da miña investigación artística: desde os primeiros vídeos de animación, colaxes de papel en relevo, así como debuxos a lapis e tinta. Abordo o debuxo como unha especie de peneira a través da cal podo filtrar imaxes de mundos diferentes; reais e imaxinarios, integrando elementos do meu contexto cunha forte carga de simbolismo.
.
Nesta exposición “O bruto delicado”, en SVT Espacio de Arte, presento unha nova serie de debuxos que continúa explorando cuestións en relación aos cambios do territorio, da paisaxe e da natureza do mundo rural no que vivo. No meu traballo, estas cuestións formúlanse ademais desde unha mirada sobre a construción da identidade masculina que, máis aló dunha visión extractiva e de dominación, reexamino para crear outros imaxinarios cos que abordar unha resistencia sensible cara á miña contorna. Estes debuxos presentan un mundo sensorial interconectado, onde o trazo a lapis acolle, como unha pel, os seres e os vínculos, pero tamén as violencias que o habitan.
Imaxinarios e narrativas onde o outro, as dinámicas de poder, a estrañeza de estar, pero non pertencer, van conformando as imaxes. Crear para pertencer, para pensar outras posibilidades de relacionarme coa miña contorna. Os meus debuxos falan sobre a memoria, pero tamén sobre a procura de maneiras de mirar as cousas desde as marxes. É como medrar, empregando pequenas pezas procedentes dunha historia colectiva para construír unha historia persoal. (Vicente Blanco)
Máis
Hora
28 setembro, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
SIRVENT. SVT Espacio de Arte
Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual