
Detalles do eventos
Unha mostra de obras co nexo común de ser realizadas todas na técnica de risografía por Lacóncongrelos un taller galego, con base na Coruña, que se dedica á
Detalles do eventos
Unha mostra de obras co nexo común de ser realizadas todas na técnica de risografía por Lacóncongrelos un taller galego, con base na Coruña, que se dedica á produción de edicións gráficas e proxectos artísticos sobre papel, utilizando técnicas de impresión manual como a serigrafía ou a impresión dixital risográfica.
A exposición contará con pezas pertencentes a series limitadas realizadas no ano 2021 de artistas nacionais referentes en autoedición, obra gráfica e logicamente ilustración, tales como:
BEGOÑA GARCÍA-ALÉN
EDMON
GHOSTTTHEAD
IVAN MCGILL
JULIA LAGO
LAURA MAHÍA
LUÍS YANG
MAZ
NICO BEN
RAQUEL MONTERO ESTÉVEZ
RIAQ MIUQ
TAYONE
A risografía, que é o punto de unión desta mostra, é unha técnica de impresión, con certa similitude á serigrafía, e que nos permite realizar obra seriada e que ten varios aspectos que fan que nos encante: un deles é o seu respecto polo medio ambiente no proceso de impresión e o outro, o acabado tan expresivo das pezas impresas.
A inauguración será o xoves 13 ás 18:30.
Horario: L-V 12-15h / X-V 18:30-21
Estará dispoñible ata o 11 de febreiro.
Máis
Hora
13 xaneiro, 2022 18:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual