REVISTA NADAL

Inauguración 'MALAHERBA'

01dec20:00Inauguración 'MALAHERBA'ARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+01:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

A pintura sempre estivo aí, baixo distintos disfraces e camuflaxes. A pintura sempre estivo aí, no corazón do proxecto artístico de Diego Vites, bombeando imaxes e sentido en todas e cada unha das súas intervencións: escultura, performance, instalación, vídeo, fotografía /…/ A pintura sempre estivo aí, nas gamas cromáticas e as texturas dos materiais, no rigor compositivo dunha acumulación de obxectos, ou no trazado cartográfico dunha deriva periurbana.

Nesta exposición “MALAHERBA”, que agora presentamos en SVT Espazo de Arte, a pintura quitouse todas as máscaras e móstrase no magnífico esplendor da súa nudez máis descarnada. Unha serie de obras recentes, creadas especificamente para esta exposición e datadas en 2023, moitas das cales retoman a iconografía floral, un ‘asunto’ de sólido raizame na historia das prácticas pictóricas. Un recurso tradicional que, en mans de Diego Vites, vira cara ao ritual e a exploración existencial, alcanzando novas cotas de liberdade e expresividade desatada.

Máis

Hora

1 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events