
Inauguración 'Lola Peneira'
01set19:00Inauguración 'Lola Peneira'ARTE E MUSEOS | De balde19:00
Detalles do eventos
Lola Peneira é un proxecto de ilustración de Sabela Carballo.Nese nome mestúranse moitos elementos visibles nos debuxos de grafito acompañados da cor con diversas técnicas.
Detalles do eventos
Lola Peneira é un proxecto de ilustración de Sabela Carballo.
Nese nome mestúranse moitos elementos visibles nos debuxos de grafito acompañados da cor con diversas técnicas.
Representa as raíces, o vencello co nome da avoa, e, polo tanto, coa nosa tradición oral e artística, chea de mulleres inspiradoras silenciadas na historia, de retrousos das cantigas coas que medramos.
Porén, tamén teñen unha forte presenza os versos das nosas poetas contemporáneas, así como versos de creación propia que se integran na ilustración.
A peneira, como ferramenta simbólica da escolla, acompaña todo este proceso chegando a integrarse como parte del en algunhas pezas.
Máis

Hora
(Xoves) 19:00
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra