
Inauguración "LAS LUCES DEL MAR"
28xul20:00Inauguración "LAS LUCES DEL MAR"ARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+02:00) Zentral Bar
Detalles do eventos
Este xoves 28 de xullo ás 20.00 horas a artista coruñesa Tania Ulloa inaugura no Zentral Bar Samil a exposición “As luces do mar”. Tania toma a substitución
Detalles do eventos
Este xoves 28 de xullo ás 20.00 horas a artista coruñesa Tania Ulloa inaugura no Zentral Bar Samil a exposición “As luces do mar”. Tania toma a substitución da súa compañeira no grupo Nomen, Diana Cordeiro, que coloreou estes últimos meses as paredes do Zentral Bar co seu “Olor a Salitre” que nos convidaba a gozar das súas obras a través de todos os sentidos, dun Vigo tan real como encho nostalxia, co mar e o cheiro a salitre sempre presente. Agora Tania Ulloa móstranos nesta serie eses mundos perdidos do fondo do mar, esas tormentas que nos inquietan ou a brisa mariña que nos dá acougo, todo acompañado da luz deses faros que nos guía no medio do mar e convídannos a soñar.
As obras que conforman a exposición “Las luces del mar” son todas elas acrílicos sobre lenzo e técnica mixta. Inaugúrase este xoves 28 de xullo ás 20.00 no Zentral Bar Samil, na avenida de Samil 65, e poderase gozar durante os dous próximos meses en horario comercial do establecemento que abre todos os días a partir das 16.00.
Máis
Hora
28 xullo, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
Zentral Bar
Av. Samil, 65, 36212 Vigo, Pontevedra