novembro, 2019

12nov20:00Inauguración 'GOTAS DE AGUA CON GRANELL'ARTE E MUSEOS | De balde20:00 Museo do Mar

Máis

Detalles do evento

O MARTES 12 DE NOVEMBRO ás 20:00h terá lugar a apertura de exposición temporal GOTAS DE AGUA CON GRANELL, na sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar Galicia.
Exposición comisariada por Natalia Fernández Segarra, Directora da Fundación Eugenio Granell, na que se amosarán diversas obras pertencentes a Fundación Eugenio Granell, onde a auga funciona como temática, tanto polo seu peso simbólico na cultura e na arte, como pola grande importancia para a vida en Galicia.
Na exposición poderán ver obras do propio Eugenio Granell, así como do seu irmán Mario Granell, de Amparo Segarra, Philip West, Fernández Molina e outros artistas representativos do movemento surrealista como Marcel Duchamp, entre outros e outras.
A exposición poderá visitarse dende o 12 de novembro de 2019 ata o 12 de xaneiro de 2020.
Luns 1Pechado
Martes a venres10-14 e 17 a 19
Sábados, domingos e festivos11-14 e 17-20

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X