Inauguración Garden – A Movida

xullo, 2018

16xul20:00Inauguración GardenINAUGURACIÓN LOCAL | De balde20:00 Garden

Máis

Detalles do evento

Garden é unha nova proposta das dúas socias xerentes de La Consentida que queren expandirse ao ámbito diúrno e conquistarnos a todos coa ampla selección de almorzos e brunch que ofertarán. Garden tamén recuperará a sesión vermuth e pola tarde noite ofrecerán viños, cañas e tapas.

A inauguración terá lugar este luns día 16 a partir das 20:00. Para poder acudir é preciso pasarse esta fin de semana pola Consentida a recoller unha pulseiriña que actuará a modo de invitación.

Todos os asistentes á inauguración poderán gozar dunha caña, un pincho e a música en directo dun dúo de saxo e voz. Tamén estará animando a celebración o DJ Edu Romero.

Hora

(Luns) 20:00

Lugar

Garden

Praza de Compostela, 29 36201 Vigo Pontevedra

X