xuño, 2019

10xuñ19:00Inauguración exposición 'SEN MOLDES'ORGULLO LGTBI | De balde19:00 Casa das Artes

Máis

Detalles do evento

Esta exposición reúne fotografías realizadas polo alumnado de primeiro de Grao de Belas Artes. Na materia “Técnicas fotográficas” propúxoselle elaborar imaxes que reflexionasen sobre a orde sexual imposta, contrapoñéndolle visións críticas, discrepantes, anovadoras, creativas, diverxentes ou mesmo paradoxais.

Buscando un amplo abano temático, traballos complexos e imaxinativos, alén de valorando as súas calidades técnicas e formais, Mar Caldas e Carlos Tejo (docentes da materia) seleccionaron dezaoito propostas que agora se expoñen.

Polas vías da denuncia ou da proclamación, desde a parodia ou a evocación, con humor ou con solemnidade, con afectividade ou con desapaixonamento, o alumnado contruíu estas imaxes que quebran roles de xénero tradicionais e exploran sexualidades liberadas das normas. Convídannos a incorporar novos principios de visión, a desfacernos de vellos esquemas mentais, a imaxinar diversas subxectividades, construídas sen feituras prefixadas, sen moldes.

Participantes: Nahir Álvarez Monzón, Lola Calviño Puertas, Daniela Dominguez Gómez, Vanesa Dominguez Neira, Sofía Gonzalez Rodríguez, Laura López Ignacio, Carla Montouto del Río, Mónica Pascual Walch, María Fernández Pérez, Paola Reboreda Campos, Iria Vaqueiro Pereira e Uxía Zamar Barcala.

Hora

(Luns) 19:00

Lugar

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

X