
Detalles do eventos
René Merino aka @Rene_estamal leva debuxando desde pequeniño. Estudou Historia da arte e en 2013 empezou a publicar as súas viñetas con situacións cotiás con
Detalles do eventos
René Merino aka @Rene_estamal leva debuxando desde pequeniño. Estudou Historia da arte e en 2013 empezou a publicar as súas viñetas con situacións cotiás con moito humor e ironía nas súas redes sociais, ata que un día o seu xefe creu recoñecerse nunha das súas carituras e despediuno.
Desde entón comezou a centrarse nos seus “debuxiños” creando o seu proxecto ‘Está mal, pero se puede empeorar’ co que continúa a día de hoxe e grazas ao que publicou xa tres libros coa editorial Lunwerg, converténdose nun referente nacional no mundo da viñeta e do humor con 419k seguidores en Instagram.
Agora, unido á súa recente paternidade, acaba de publicar “No se admiten devoluciones”, un entrañable testemuño en clave de humor que desmonta mitos sobre ser pai e que nos presentará este xoves, día 18, en Galería Maraca, inaugurando tamén “Contar con dibujos”, unha exposición con algunhas das súas viñetas.
Máis
Hora
18 xaneiro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual