Detalles do eventos
A marca de artesanía de Galicia “A Casa Rodante”, inaugura este xoves –09 DE OUTUBRO– a EXPOSICIÓN “LA MESA ESTÁ SERVIDA II”, de HABRAHAM BARRIOS. Unha gran oportunidade para coñecer
Detalles do eventos
A marca de artesanía de Galicia “A Casa Rodante”, inaugura este xoves –09 DE OUTUBRO– a EXPOSICIÓN “LA MESA ESTÁ SERVIDA II”, de HABRAHAM BARRIOS. Unha gran oportunidade para coñecer ao artista e as súas obras. A partir das 19:00h, poderemos desfrutar do evento inaugural, no que contaremos coa presenza do propio artista, Habraham Barrios.
El é un creador multidisciplinario que traslada á súa obra unha fermosa irmandade entre arte e vida cotiá. Baixo a súa perspectiva, a esencia da vida queda desvelada na súa común pero extraordinaria autenticidade.
A colección de cadros que presenta dentro da exposición “La mesa está servida II”, en A Casa Rodante é unha pequena selección de pinturas- refuxio a través das cales o autor explora a profundidade da experiencia humana, construíndo unha narrativa visual que enternece á par que evoca unha experiencia máis alá da mera cotiandade.
Esta mostra estará dispoñible durante os vindeiros meses (ata o 29/11/2025), no “Espazo Rodante”: o local nº7 da planta baixa, no Centro Comercial A Laxe, en Vigo; local no que ademáis desta, ofrécense outras actividades de carácter formativo e lúdico, que se poden consultar na web www.acasarodante.gal
Para obter máis información poden enviar un correo electrónico a hola@acasarodante.gal ou visitar o noso local de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00h, polas mañás ou entre as 16:00 e as 19:00h, polas tardes.
Grazas de antemán pola súa difusión!
Que? Inauguración EXPOSICIÓN: “LA MESA ESTÁ SERVIDA II”
Onde? ESPAZO RODANTE (local 7 da P.B. do C.C. A Laxe, Vigo)
Cando? XOVES, 09 de OUTUBRO de 2025
Hora
9 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
A Casa Rodante
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



