Detalles do eventos
Entre o 25 de febreiro e o 25 de marzo, a Casa de Arriba acolle ‘Imaxes Mutantes’, a primeira exposición do thereminista e debuxante Paulo Pascual. A inauguración
Detalles do eventos
Entre o 25 de febreiro e o 25 de marzo, a Casa de Arriba acolle ‘Imaxes Mutantes’, a primeira exposición do thereminista e debuxante Paulo Pascual. A inauguración terá lugar o mércores 25 a partir das 19:30 h, coa preseza do autor.
As pezas expostas inspírase na psicodelia dos anos 60, na linguaxe visual do cómic e noutros referentes, pero cun tratamento moi definido e persoal. Están realizadas dun xeito analóxico como reacción á constante presenza da tecnoloxía dixital en todos os ámbitos. Son dez pezas cadradas de 50×50 cm elaboradas unicamente con rotulador negro sobre cartolina branca.
As obras mostran imaxes de seres, persoas, obxectos ou contornas cunha apariencia intrigante e diferente á realidade, como se sufriran mutacións.
Horario de apertura:
De martes a xoves: 19:00h –02:00h
Venres e sábado: 19:00h –03:00h
Hora
25 febreiro, 2026 19:30(GMT+01:00)
Localización
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

