Inauguración exposición fotográfica 'SAHARA EN MENTE'
Detalles do eventos
A exposición “Sahara en Mente” foi producida e impulsada por Fundación Ibili a raíz de coñecer o proxecto “Sahara en Mente”, desenvolvido pola ONG Mundo
Detalles do eventos
A exposición “Sahara en Mente” foi producida e impulsada por Fundación Ibili a raíz de coñecer o proxecto “Sahara en Mente”, desenvolvido pola ONG Mundo en Movimiento @mundoenmovimiento .
Con esta mostra ofrecemos un achegamento ao informe de investigación “Sahara en Mente. Un acercamiento a la atención en salud mental en los campamentos saharauis”, que busca ofrecer coñecemento útil e de calidade en torno á situación de saúde mental nos campamentos de persoas refuxiadas saharauís.
Pretende definir un marco teórico valioso para un traballo con visión comunitaria, inclusivo e transcultural, mirando máis alá do enfoque clínico predominante en occidente, pero non tanto así noutras partes do mundo.
Todas as fotografías foron realizadas por Miguel M. Serrano
A expo estará dispoñible ata o 8 de xaneiro
Máis
Hora
15 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes