VIALIA
GIRANDO POR SALAS

27out19:00Inauguración exposición 'Creadoras'ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

A marca de artesanía de Galicia “A Casa Rodante”, inaugura este venres -27 DE OUTUBRO- a EXPOSICIÓN “CREADORAS”: a segunda organizada pola marca de artesanía de APAMP.
A partir das 19h, poderemos desfrutar do evento de presentación deste percorrido fotográfico, no que artesás e obras se atopan para amosar o seu carácter inigualable. A través da lente do fotógrafo Javier Aldemunde, os produtos con alma
e as súas produtoras, dánse cita para obter como resultado unha exposición con nomes e apelidos.
Esta mostra estará dispoñible durante os vindeiros meses nas inmediacións do “Espazo Rodante”: o local no7 do Centro Comercial A Laxe, en Vigo; no que ademáis desta, ofrécense outras actividades de carácter formativo e lúdico, que se poden consultar na web www.acasarodante.gal

Máis

Hora

27 outubro, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events