Detalles do eventos
A artista galega inaugura o 3 de setembro en Vigo unha exposición que combina debuxo, gran formato e tecnoloxía para poñer o foco na observación pausada.
Detalles do eventos
A artista galega inaugura o 3 de setembro en Vigo unha exposición que combina debuxo, gran formato e tecnoloxía para poñer o foco na observación pausada.
A artista multidisciplinar Uxía Cid presenta na Fundación Sales a súa nova exposición, Calma en el Alma, un proxecto concibido como resposta á velocidade e ao ruído do mundo dixital. A mostra propón deter a mirada e redescubrir o cotián a través dun traballo no que o debuxo clásico se abre a novas escalas e formatos.
Un dos elementos máis singulares da colección está no seu proceso creativo. As obras parten das manchas de tinta que deixan unhas canicas ao desprazarse sobre o soporte e, a partir dese azar inicial, Cid intervén cada superficie liña a liña ata construír unha imaxe figurativa.
O público poderá ademais coñecer como nace cada peza mediante códigos QR, que permiten acceder a vídeos do proceso e observar a transformación desde a mancha abstracta ata o resultado final.
A inauguración terá lugar o 3 de setembro, de 18:30 a 21:00 h, no invernadoiro da Fundación Sales, e contará cunha degustación e un pequeno agasallo para os asistentes ata fin de existencias. A entrada para esa xornada terá un prezo de 7 euros. A exposición poderá visitarse tamén os días 4 e 5 de setembro.
Hora
3 setembro, 2026 18:30 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




