AQUALIA

Inauguración Expolab

15set20:00Inauguración ExpolabARTE E MUSEOS | De balde20:00 Imaxinatea LAB Creativo

Detalles do eventos

O próximo 15 de setembro inaugurará a III edición da mostra colectiva EXPOLAB, un espazo expositivo temporal destinado tanto a afeccionados como a profesionais das artes escénicas e audiovisuais que co título ‘Viaxe a un mundo mellor?’, fará reflexionar e participar activamente ao espectador en conceptos como fronteira, distancia, segundas oportunidades… aproveitando as posibilidades para performance do espazo : “Unha viaxe de 10´”, coa refuxiada ucraína, da creadora e directora audiovisual Oleksa Bartka , mergúllanos nunha viaxe inesperada e obrigada pola guerra no seu país, “Unha viaxe ao interior dun mesmo”, da artista plástica Daniela Soltau , móstranos a forza das artes como terapia, “Unha viaxe á papeleira”, da deseñadora de moda e complementos Mónica Soto, ensinaranos a darlle unha segunda oportunidade a obxectos, pezas obsoletos e sobrantes da industria téxtil, creando accesorios de moda únicos, “Unha viaxe aos Pireneos”, do fotógrafo e creador audiovisual Andrés Conde, fotografía, fanzine e curto que nos mostran por que percorreu 2026 quilómetros o ano pasado. A mostra contará coa colaboración de Aldeas Infantís, SOS.

A inauguración da mostra terá lugar o 15 de setembro ás 20:00 horas e para asistir á mesma é preciso realizar reserva no correo contacto@imaxinatea.es ou chamar ao número de teléfono 685852015 (tamén whatsapp).

Máis

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Imaxinatea LAB Creativo

Plaza Francisco Fernández del Riego, Número 3, Local, 5C, 36203 Vigo, PO