
Detalles do eventos
ESCOITAR: Arte, memoria e música para homenaxear ás mulleres do mar. Este próximo 23 de maio, durante unha xornada moi especial, a cidade de Vigo
Detalles do eventos
ESCOITAR: Arte, memoria e música para homenaxear ás mulleres do mar.
Este próximo 23 de maio, durante unha xornada moi especial, a cidade de Vigo acollerá a inauguración da exposición que escoita os fíos do mar Escoitar e que durará ata o 30 de maio.
Abrirá as súas portas ao público ás 18:00 horas no Tinglado do Porto, e ás 21:00 horas poderedes gozar, no Salón Principal do Real Club Náutico, do espectáculo Escoitar Despois protagonizado por Xisco Feijoo.
Un espectáculo con entrada aberta ao público cun importe de 2€, que ofrecerá unha actuación homenaxeando o talento, a forza e a resilencia das mulleres que sosteñen as redes do mar e da vida. Esta actuación enmárcase tamén na Semana do Mar, unha celebración que busca poñer en valor o patrimonio humano e cultural do litoral galego.
A exposición está impulsada pola iniciativa EMRA2EMRA. Esta proposta cultural, con perspectiva de xénero, contará con obras de artistas como Loreto Martínez Troncoso, Alejandra Pombo, Vanessa Dorrei, Emilia Guimeráns, Ana Rosa Lista ou
Irene Trapote, entre moitas outras. A mostra nace como un acto de escoita e pon no centro o traballo invisibilizado, manual e colectivo das redeiras, artesás fundamentais para a economía e a cultura marítima galega.
Escoitar non só é unha exposición, senón unha invitación para reflexionar colectivamente sobre as formas de saber e de facer tradicionalmente femininas, frecuentemente relegadas ao silencio ou a invisibilidade.
Con este evento, EMRA2EMRA reforza o seu compromiso coa autonomía económica das mulleres, tecendo pontes entre arte, activismo e tradición. Unha experiencia única para gozar dunhas xornadas inesquecibles.
Máis
Hora
23 maio, 2025 18:00(GMT+02:00)
Localización
Tinglado del Puerto de Vigo
Estrada Porto, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual