Detalles do eventos
O vindeiro 4 de xullo abrirá as súas portas Teto Preto, un novo espazo de creación artística situado na rúa Zamora, 19, baixo. Impulsado por Alphonzo Solorzano, Isis
Detalles do eventos
O vindeiro 4 de xullo abrirá as súas portas Teto Preto, un novo espazo de creación artística situado na rúa Zamora, 19, baixo. Impulsado por Alphonzo Solorzano, Isis Tonete e Míchel Casado, conta cunha sala de exposicións e eventos, un obradoiro de ebanistería e serigrafía e espazos destinados ao deseño, a pintura, o gravado e outras disciplinas.
A inauguración celebrarase o sábado 4 de xullo ás 17.00 horas e contará coa colaboración de numerosos artistas da cidade nunha exposición colectiva na que participarán Marcos Viso, Montse Pinheiro, Pelucas, Peri Hélio, Tayone, Lucía Walter, Habraham Barrios, Iris Troiteiro, Tereza de Artíñano, Sofía Venzel, Juan Obvio e os propios Alphonzo Solorzano, Isis Tonete e Míchel Casado.
Teto Preto é un espazo creativo e versátil centrado nas artes visuais: ilustración, debuxo, pintura, gravado, serigrafía, ebanistería e outras artesanías. Un punto de encontro para conectar coa cidade e con outros creadores. Estudo, obradoiro e galería baixo o mesmo teito. O proxecto organizará obradoiros puntuais abertos ao público, exposicións, encontros de debuxo, charlas e outras actividades que vaian xurdindo. Trátase dun lugar pensado para compartir procesos creativos, impulsar iniciativas e conectar con outros artistas.
Hora
4 xullo, 2026 17:00 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Teto Preto
Rúa Zamora, 19, Freijeiro, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


