Inauguración do Punto UOC en Vigo – A Movida

setembro, 2018

19set09:00Inauguración do Punto UOC en VigoMESA REDONDA | De balde09:00 Impact Hub

Máis

Detalles do evento

A Universidat Oberta de Catalunya inaugurará o próximo 19 de setembro o seu primeiro Punto UOC en Galicia, co que potenciará a súa presenza nesta comunidade. O Punto UOC de Vigo estará situado na sede do Impact Hub Vigo.

Un Punto UOC é un espazo de referencia da universidade, dentro dunha entidade cos acolle (neste caso, Impact Hub Vigo). Ofrecerase información xeral sobre a oferta formativa da UOC, algúns servizos para estudantes e unha programación de actividades de difusión do coñecemento abertos caro o público.

No marco da presentación desta alianza entre a UOC e o Impact Hub Vigo terá lugar unha sesión inaugural, cunha xornada coloquio centrada na Saúde Dixital, un dos temas con maior proxección social e no que a UOC levou a cabo unha gran aposta coa creación do eHealth Center que xa cumpre un ano.

Para celebrar a apertura deste Punto UOC, se desenvolverán as seguintes actividades:

09:00 – 09:45 Inauguración do Punto UOC Vigo

09.00h Recepción e café

09.30h Inauguración do Punto UOC de Vigo coa participación de:
– Patricia Díaz, Co-fundadora e Responsable de proxectos de Impact Hub Vigo
– Jaime Aneiros, Concelleiro de Presupostos e Facenda do Concello de Vigo
– Dra. Marta Aymerich, Vicerreitora de Planificación Estratéxica e Investigación da UOC e Presidenta do Consello de Dirección do eHealth Center

09:45 – 11:30 Mesa redonda “Cómo acelerar los servizos en Salud Digital cuando la tecnología ya no es el problema”
Poñentes:
– Manuel Armayones, Director de Desenvolvemento do e-Health Center da UOC
– Lucía Maneiro, CEO PsicoVR
– Alejandro García Caballero, psiquiatra, profesor da Universidade de Santiago de Compostela
– Felipe Iglesias, enfermeiro do Hospital Álvaro Cunqueiro e emprendedor
– Juan Carlos Novoa Banga, experto farmacéutico en ventas, acceso mercado MKT. Solucións de datos comerciais
– Modera: Rodrigo Gómez, directivo experto en xestión da innovación e coñecemento en sector Salud

Dende a Fila 0 participarán no debate:

– Alberto Borrego, Director de Desenvolvemento de Negocio en Everis Health
– Suso Pérez González, Responsable de Investigación de Mercado en I+D en INSULCLOCK
– Luis Barros, Director de innovación de ATENDO
– Gisela García, Xerente do Clúster de Saúde de Galicia

18:30 – 20:00 xornada de Acollida de novos estudantes a cargo de Jorge Bronet, Delegado da UOC para Galicia

20:00 – 21:30 Encontro da Comunidade UOC en Galicia

Portas abertas do Punto UOC: sesión de networking e picoteo

Hora

(Mércores) 09:00

Lugar

Impact Hub

Av das Camelias, 70, 36211 Vigo, Pontevedra

X