REVISTA ABRIL

15feb19:30Inauguración 'DERIVAS'ARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+01:00) A Casa Rodante

Detalles do eventos

A marca de artesanía de Galicia “A Casa Rodante”, inaugura este xoves-15 de FEBREIRO – a EXPOSICIÓN “DERIVAS”, dentro do marco da programación mensual que a marca de APAMP ofrece no seu Espazo Rodante: o local nº 7 do Centro Comercial A Laxe, en Vigo.

A partir das 19:30h, poderemos desfrutar do evento de presentación desta mostra na que o artista cangués -AGUSTÍN BASTÓN-leva a cabo unha reflexión teórica que busca poñer en valor elementos que cambian respecto a direccións ou puntos preestablecidos; centrándose nas lentas e continuas variacións provocadas polo paso do tempo e a intervención humana, sobre diferentes materiais.

Agustín Bastón é un artista multidisciplinar cuxo percorrido o levou a investigar por diferentes vertentes artísticas como son a pintura, a escultura e a fotografía. Ao longo da súa carreira, ten exposto obras en diferentes galerías da península, incluíndo o país veciño: Portugal.

Ademáis desta mostra -que estará dispoñible durante todo o mes de febreiro no local de “A Casa Rodante”- o artista ten en marcha varios proxectos entre os que se pode destacar a creación dunha “Biblioteca de Madeiras do Mundo”.

Para obter máis información poden enviar un correo electrónico a hola@acasarodante.gal ou visitar o local de luns a venres en horario de 14:00 a 21:00 e os sábados entre as 11:00 e as 15:00 horas.

Máis

Hora

15 febreiro, 2024 19:30(GMT+01:00)

Localización

A Casa Rodante

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events