FAITE AMOVIDALOVER

11feb(feb 11)18:0010mai(mai 10)21:00'Espantallos, 2012-2025' de Manuel SendónARTE E MUSEOS | de balde(febreiro 11) 18:00 - (maio 10) 21:00(GMT+01:00) Fundación Laxeiro

Detalles do eventos

A Fundación Laxeiro presenta este proxecto no que Manuel Sendón (A Coruña, 1951), retoma o seu traballo de fotografado de espantallos do rural galego (presentado en 2014 en Ourense e recompilado na publicación do mesmo título en 2015), para presentalo en Vigo baixo outra mirada. Nesta ocasión, o artista selecciona tres dos múltiples espantallos fotografados por el e preséntaos en tres series de imaxes en formato de secuencia, realizadas dende 2012 ata 2025.

O artista introduce así o factor temporal e, con el, convídanos a unha contemplación con certa narratividade, na que se pode ver a evolución a través do tempo dos tres espantallos convertidos en personaxes.

O proxecto ofrece múltiples reflexións acerca da cultura popular, a reciclaxe característica das culturas labregas e certos puntos de conexión entre a funcionalidade e a estética, ademais de suxerir, a modo de metáfora visual, o estado no que se atopa o agro galego, ou mesmo cara a onde imos no mundo actual.

A exposición pode visitarse ata o 10 de maio.

Horarios:
Luns a venres: 18:00 a 21:00 h
Sábados: 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00 h
Domingos: 12:00 a 14:00 h

Hora

11 febreiro, 2026 18:00 - 10 maio, 2026 21:00(GMT+01:00)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events