>
Detalles do eventos
A exposición propón unha inmersión no universo creativo da artista a través dunha obra marcada pola forza da cor, a experimentación e o uso de diferentes materiais. Cunha
Detalles do eventos
A exposición propón unha inmersión no universo creativo da artista a través dunha obra marcada pola forza da cor, a experimentación e o uso de diferentes materiais. Cunha estética libre, matérica e profundamente expresiva, Checha Montenegro constrúe un imaxinario visual no que conviven o lírico e o dramático, combinando elementos como o vidro, a madeira ou os plásticos para crear composicións cheas de textura, volume e intensidade cromática.
Universos nace da exploración constante arredor da imaxe e dos procesos creativos. A artista crea espazos que evocan o cosmos, a metamorfose e a procura do misterio, a través de obras nas que o movemento, a materia e a luz dialogan nunha expansión sen límites. As súas pinceladas, cargadas de enerxía e cor, dan forma a paisaxes abstractas que convidan á contemplación e á reflexión.
Autodidacta, ecléctica e profundamente vinculada á creación artística, Checha Montenegro continúa desenvolvendo o seu traballo desde o seu estudio de Coia. Ao longo da súa traxectoria residiu en cidades como Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, Alemaña ou México, experiencias que enriqueceron o seu universo creativo.
Ademais da súa faceta artística, desenvolveu un intenso labor docente durante máis de trinta anos impartindo clases de pintura no CEIP Escultor Acuña de Vigo. Tamén realizou actividades formativas noutras cidades, entre as que destaca unha clase maxistral para o alumnado do Institut Escola Virolet de Barcelona.
A súa obra foi exposta en diferentes cidades de Galicia e España, tanto en mostras individuais como colectivas, destacando proxectos realizados en espazos como Detrás do Marco ou o Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.
Hora
15 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra


