VIALIA
bannerPicnicSesions

Inauguración da exposición TINGLÃO / AHLIPÚS

09xul19:00Inauguración da exposición TINGLÃO / AHLIPÚSARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

En torno ao obradoiro cerámico TINGLÃO foise conformando en Vigo un núcleo de actividade artística e experimentación plástica, no que, desde hai varios anos, numerosos artistas e creadores atoparon os medios materiais, e souberon forxar as ferramentas conceptuais, para desenvolver uns traballos que rompen moldes e abren novos camiños ás prácticas artísticas. Así xorde esta mostra colectiva, un proxecto radicalmente contemporáneo, no que, unha vez máis, SVT Espazo de Arte sitúa o foco sobre as enerxías artísticas da nosa contorna, coa decidida vontade de axudar a visibilizar os resultados do seu traballo creativo.

O resultado visible nesta exposición é un conxunto de pezas cerámicas, todas únicas e cada unha excepcional, que escapan a calquera intento de clasificación.

ARTISTAS: Chelo Matesanz / Emilia Guimeráns / Miguel Vázquez / Peri Helio / Pilas de Borbón / Shoji / Teresa Irisarri / Toño Pérez / Tubi Portas / Ventura Pérez

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events