Inauguración Caixa de Ritmos
20set18:30Inauguración Caixa de RitmosAS NOSAS FESTAS | De balde18:30(GMT+02:00) Caixa de Ritmos
Detalles do eventos
O 20 de setembro Caixa de Ritmos abre as portas e celebran unha festa de inauguración do novo local en Canellón dos Canos
Detalles do eventos
O 20 de setembro Caixa de Ritmos abre as portas e celebran unha festa de inauguración do novo local en Canellón dos Canos 9 (xunto ao Teatro García Barbón) de 18.30h a 21.30h.
Os asistentes poderán participar na gravación do Podcast @loquevigoesconde con entrevistas a parte do equipo de Caixa de Ritmos, conducido por @erikavintage de @shavethesailor.
Tamén terán oportunidade de comprar local nun Mini Market moi especial no que apoiar o producto local feito con amor no que estarán:
@felicettagualtieri
@cumberland_vintage
@studio.isis
@jackandriano
@ofaiado32
@henko_hk
@willdorabuin
Tamén haberá música, petiscos, un espazo de intervención artística para que grafittees unha parte do local, challenges, sorteos e outras sorpresas.
SOBRE CAIXA DE RITMOS:
Hai doce anos que Elena e Jorge empezaron a dar clases de swing baixo o nome Swing On. Hoxe, cun alumnado asentado e en crecemento, apostan por abrir a escola de danza Caixa de Ritmos, que bota a andar este mes e na que, ademais dos cursos de Lindy hop e jazz para todos os niveis polos que xa son coñecidos, encontramos outros tipos de danzas: afro, contemporánea, dancehall, hip hop, house etc. Para quen non saiba por cal destes bailes decidirse, é posible probar as diferentes disciplinas na semana de portas abertas que celebran a partir do luns 23.
Máis
Hora
20 setembro, 2024 18:30(GMT+02:00)
Localización
Caixa de Ritmos
Canellón dos Canos 9
Hoxe móvese
Séguenos nas redes