BannerArribada

novembro, 2019

30nov12:30Inauguración Belén Mercado de TeisAS NOSAS FESTAS | De balde12:30 Mercado de Teis

Máis

Detalles do evento

Neste acto, porán en funcionamento a montaxe que este ano chega ós 52 m2 de superficie, con máis de 100 figuras en movemento e cun guiño especial á cidade de Vigo xa que este ano se inclúe elementos relacionados coa cidade.
Así mesmo, presentarán tamén a campaña de Nadal, que organizan conxuntamente coa Asociación de Comerciantes de Teis, na que por mercar no Mercado ou nalgún dos establecementos asociados a Asociación, a clientela recibirá unhas rifas que, unha vez cubertas e depositadas nas urnas habilitadas para iso, entrará nun sorteo dun total de 81 premios: 25 lotes de viño, 6 paletas ibéricas, 4 xamóns gran reserva, 15 lotes de Nadal, 20 vales de 50 €, 10 vales de 50 € para gastar en Supermercados Froiz e un premio especial de 1000 €.
Ademais de todo o anterior, poderase gozar da magnífica actuación da Coral Polifónica Riomao do Calvario.

Hora

(Sádado) 12:30

Lugar

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

X