17xul19:00Inauguración AnatopeyasARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) Restaurante Voltarei
Detalles do eventos
O restaurante Voltarei aposta de novo pola arte coa inauguración da súa primeira exposición permanente de debuxo, Anatopeyas, da man da artista Carola Bouza. O
Detalles do eventos
O restaurante Voltarei aposta de novo pola arte coa inauguración da súa primeira exposición permanente de debuxo, Anatopeyas, da man da artista Carola Bouza. O xoves 17 de xullo ás 19:00 h ábrese a mostra, que permanecerá no local ata o 18 de setembro.
A gastronomía e a arte únense neste evento no que a artista Carola Bouza relata o proceso creativo das súas obras, á vez que o restaurante Voltarei presenta unha bebida especial inspirada na exposición.
A exposición pretende ser unha experiencia interactiva, empregando un bote de cristal para que o público comparta as súas reflexións. Estas notas serán empregadas nun obradoiro artístico, impartido por Carola o 3 de setembro. O obxectivo é que os participantes creen as súas propias obras, expostas durante as últimas dúas semanas da mostra.
Hora
17 xullo, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Restaurante Voltarei
Rúa García Barbón 35, 36201, Vigo (Pontevedra)
Hoxe móvese
xullo


