decembro, 2019

20dec20:00Inauguración 'AHÍ QUEDA ESO' de Daviz B. LobatoARTE E MUSEOS | De balde20:00 Tinta Negra

Máis

Detalles do evento

Daviz B. Lobato adoita representar na súa obra os aspectos menos amables do tempo que lle tocou vivir, en forma de mordaz crítica social aderezada cunha boa dose de retranca. O espectador empatiza co seu traballo a pesar da súa crueza, porque dalgunha maneira sente identificado tamén como vítima destes tempos convulsos.
Nesta exposición presenta unha serie de debuxos orixinais realizados con técnica mixta sobre soporte papel, nos que contou coa inestimable colaboración en forma de preciosos garabatos, do seu fillo pequeno Rai (3 anos), que foi o encargado de realizar a ingrata tarefa de superar a síndrome da folla en branco en todos e cada un deles.
Nesta serie mestúranse temas de ámbito global como poden ser a guerra, a contaminación do planeta ou a violencia de xénero, con outros dunha índole máis persoal como a mala sorte ou a sinceridade sen filtro, entre outros.

Hora

(Venres) 20:00

Lugar

Tinta Negra

Rúa dos Irmandiños, 36201 Vigo, Pontevedra

X