PORTAMERICA >

09ago21:00Imposter + Maldita + FracturaCONCERTOS | Desde 10,00 € 21:00(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

O sábado 9 de agosto, La Fábrica de Chocolate acolle unha xornada hard core cos concertos de Imposter, Maldita e Fractura, a partir das 21:30 h.

A escena BN1 de Brighton volve a Vigo da man de Imposter. Trátase dunha das badas veteranas da escena hardcore de Brighton. Pola súa parte, Maldita ven desde Madrid para dar o seu primeiro concerto na cidade olívica, inundando a cidade do seu hard core punk inspirado no estilo de finais dos 80 en Nova York. Fractura representa, unha vez máis, o talento local coa súa fusión do estilo parisino de finais dos 90 co da costa este dos EEUU da mesma época.

As entradas anticipadas custan 10,00 € e na porta 12,00 €.

ENTRADAS