Imos cantar os Reis

29dec11:30Imos cantar os ReisPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario

Detalles do eventos

Os cantos de Noiteboa, cantos de Aninovo e cantos dos Reis son os cantos propios da época do Nadal da tradición oral galega: era común organizarse en cuadrillas para ir pedir o aguinaldo da veciñanza, de porta en porta, cantando estas pezas tradicionais e xuntar, así, algo de xantar para celebrar unha pequena festa ou paparota.

Esta tradición estase perdendo, como tantas outras manifestacións culturais populares: co esforzo de moita xente anónima, e ao longo dos anos, os cantos e as súas letras fóronse recollendo e recompilando, editando distintos materiais de difusión, discos, creando páxinas web… pero o que é a práctica de ir cantar, de xuntarse, de celebración conxunta coa veciñanza destas datas tan sinaladas… desapareceu practicamente en toda a xeografía galega.

Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances…); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos…); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis (pedir licenza; pedir o aguinaldo; os agradecementos…).

É por isto que nas vindeiras datas xuntarémonos familias enteiras para aprender un canto de Nadal e saír á rúa a pedir o aguinaldo. Imos cantar os Reis: implica aos establecementos comerciais do contorno, bares, centros culturais, tendas…

Duración: 2 – 2,5 horas aproximadamente
O acompañamento musical será pola conta do grupo folk “Os Catro Quintos”

Xoves 29 ás 11:30

Máis

Hora

(Xoves) 11:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario

Calle de San Roque, 109, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events