Ilumina o teu espazo
29dec17:30Ilumina o teu espazoPEQUERRECHOS | De balde17:30(GMT+01:00) Edificio Cambón
Detalles do eventos
Obradoiros de Nadal para nenos no Centro de Visitantes do Parque Nacional: obradoiro de doces mariños, robótica, xogos, experimentos, adornos… Algúns precisan de inscrición
Detalles do eventos
Obradoiros de Nadal para nenos no Centro de Visitantes do Parque Nacional: obradoiro de doces mariños, robótica, xogos, experimentos, adornos…
Algúns precisan de inscrición previa aquí.
22 de decembro de 11:30 a 13:30. Obradoiro de Adornos de refugallo. Sen inscrición. Aforo de 16 participantes (a partir de 3 anos)
22 de decembro de 17:00 a 18:30. Obradoiro de Ciencia e maxia: experimentos de laboratorio centrado na importancia da auga como elemento da vida. De 3 a 6 anos, ambos dous incluídos. Con inscrición previa.
23 de decembro de 11:30 a 13:30. A robótica e o mar: realizarase unha actividade de robótica combinada con divulgación científica e medio ambiental enfocada á problemática do lixo mariño. De 7 a 13 anos, con inscripción previa.
26 de decembro de 2023 de 12:00 a 13:30: Xogos de mesa dinamizados os nenos e nenas participantes aprenderán, a través de diferentes xogos de mesa, un pouco máis sobre a biodiversidade que nos rodea. De 4 a 13 anos, sen inscripción previa (aforo de 16 participantes)
27 de decembro, de 11:30 a 12:30: Xogo medioambiental de Detectives da praia: unha actividade de descuberta da riqueza mariña das nosas costas. De 6 a 13 anos cun máximo de 20 participantes. Sen inscrición previa.
28 de decembro, de 18:00 a 19:00: Presentación do xogo de rol “Illas das marabillas”simulación da partida duns 15-20 minutos e rolda de preguntas. A partir de 12 anos. Sen inscrición previa.
29 de decembro, de 17:30 a 18:30: Ilumina o teu espazo. Un obradoiro de electricidade manipulativo, no que o obxecto protagonista será un faro. De 7 a 13 anos. Máximo de 20 participantes, con inscrición previa.
30 de decembro, de 11:30 a 13:30: As cores das illas. Coñecer as distintas cores que existen e relacion coas cores das paisaxes das illas e… mensaxes secretas! De 3 a 6 anos. Máximo de 25 participantes. Con inscrición previa.
4 de xaneiro. 2 sesións de 11:00 a 12:00 e de 12:30 a 13:30: Doces mariños. Decoración de galletas para a noite de reis, con formas de especies mariñas…unha forma divertida de achegar aos nenos e nenas á biodiversidade mariña das illas. De 5 a 12 anos. 12 participantes por sesión. Con inscrición previa.
Máis
Hora
29 decembro, 2023 17:30(GMT+01:00)
Localización
Edificio Cambón
Rúa Palma, 4, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes