ILLAS DESERTAS
11feb20:00ILLAS DESERTASESPECTÁCULOS | 8,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Compañia: ArtesaCía Cal foi a túa última experiencia inútil? Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura
Detalles do eventos
Compañia: ArtesaCía
Cal foi a túa última experiencia inútil? Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earthart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles. Os protagonistas desta historia convidan o público a través dos seus móbiles para subirse a bordo dunha expedición cara a unha illa deserta, que flota no espazo-tempo (no Pacífico, na Antártida, na Indonesia de hai 40.000 anos?). Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético e nunha experiencia, unha bela aventura contemporánea na que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.
Máis
Hora
(Venres) 20:00
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes